|
| 21/06/2010 |
| Exposición de Viños de España en Taiwán e Corea do Sur (CERRADA INSCRIPCIÓN) |
FECHA CELEBRACIÓN: DEL 21 AL 26 de novembro de 2010
ORGANIZAN: ICEX e Cámaras de Comercio de Ciudad Real e Murcia, coa colaboración das Cámaras de Comercio de Burgos, La Rioja, Navarra e Lugo.
COLABORAN: Cámaras de Comercio de Galicia
CIERRE DE INSCRIPCIONES: 25 JUNIO |
Segundo un recente estudio realizado por Vinexpo Asia, o consumo de viño en Asia crecerá un 25 % nos próximos 5 anos, mentres que en Europa a tendencia será á baixa.
Taiwán e Corea de Sur son mercados onde hai aínda unha importante marxe para o crecemento, debido principalmente á occidentalización das pautas de consumo e a percepción estendida de que o viño (especialmente o viño tinto) é un alimento bo para a saúde.
Segundo as estatísticas de exportación correspondentes o 2009, Corea e Taiwán son respectivamente o terceiro e quinto destino das exportacións de viño español a Extremo Oriente. O dato non tan positivo é o predominio en ambos mercados de viños españois de baixo prezo, o que repercute nunha imaxe do vino español coma un viño de mala calidade. Non obstante, a tendencia é que o consumidor sexa cada vez máis sofisticado nas súas preferencias, demandando cada vez mellores productos.
CUSTO:
PCIÓN A) SÓ TAIWÁN: 1.200 Euros .-
OPCIÓN B) SÓ COREA DO SUR: 1.200 Euros .-
OPCION C) OS DOUS PAÍSES: 1500 €.-
INCLÚE: Billete de avión ida-volta, aloxamento en hotel con almorzo, seguro de viaxe, transporte da mercadoría e participación na exposición de viños de España que terá lugar nos dous países.
DOCUMENTACIÓN A ENVIAR:
-FICHA DE INSCRICIÓN DEBIDAMENTE CUMPRIMENTADA
-XUSTIFICANTE DE TER REALIZADO A TRANSFERENCIA POLO VALOR QUE CORRESPONDA, NO Nº DE CONTA 0072-0201-29-0000129508 DA O.P. DO BANCO PASTOR DE LUGO
-DECLARACION DE MINIMIS ADXUNTA. NO CASO DE QUE A EMPRESA TEÑA DUDAS RAZOABLES SOBRE O CUMPRIMENTO COS REGULAMENTOS ARRIBA CITADOS, CONTACTE COA CAMARA ORGANIZADORA.
Información adicional:
Departamento de Comercio Exterior da Cámara de Comercio de Lugo
Teléfono: 982-28 43 00; Fax: 982 24 43 01; E-mail: relais@camaralugo.com
|
» Ficha inscrición
» Declaración mínimis
|
|
|