Zona Wi-Fi Cámara Lugo
Haznos tu página de inicio Inicio Mail Links
Área de prensa Área de prensa
Jueves, 9 de Septiembre de 2010 Cámara Oficial de Comercio, Industria y Navegación de Lugo      
Inicio
Actualidad
La Cámara
Elecciones
Comercio Interior
Comercio Exterior
Formación
Subvenciones
Medio Ambiente
Creación de empresas
Viveros de empresa
Empleo
Certificados
Perfil del Contratante
Tarjeta Visa
Contacto
Enlaces

Cámaras de comercio
UPD Lugo, Unidad de Promoción y Desarrollo

07/06/2010
A CÁMARA ABRE A INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO PIPE
A Cámara de Comercio de Lugo abre o prazo de presentación de solicitudes para participar no Plan de Iniciación á Promoción Exterior 2010, máis coñecido como PIPE, no que poderán participar 8 pemes da provincia. Este programa naceu, hai case quince anos, coa finalidade de ampliar a base de empresas españolas que exportan dunha forma ordenada e habitual, conta coa participación de Cámaras de Comercio, ICEX, Xunta de Galicia e FEDER. Podemos dicir, que o PIPE é hoxe por hoxe unha ferramenta clásica para que a empresa aborde con éxito a súa internacionalización, independentemente do seu tamaño e do seu sector de actividade.
Desde a súa posta en marcha participaron no programa un total de 36 empresas lucenses, das que aproximadamente un 70% son na actualidade exportadoras. O obxectivo da Cámara de Lugo é que o número de exportadoras da provincia siga aumentado, polo que neste ano o orzamento destinado a este programa ascende a 276.000€, que servirán para atender as necesidades de empresas xa activas e de oito novas empresas que se incorporarán o programa este ano.

O programa PIPE porá á disposición das empresas beneficiarias do mesmo, asesoramento especializado subvencionado para a súa internacionalización, así como apoio financeiro para executar o seu plan de promoción exterior. En caso de que a empresa o precise poderá contratar a un colaborador para incorporar ó departamento de internacional da súa empresa.

Trátase dun proceso integral e continuo que, a longo de dous anos, acompaña á empresa en todas as súas etapas de decisión co fin de alcanzar unha óptima internacionalización. Consta de 3 fases, a primeira de diagnóstico de posición competitiva e de potencial de internacionalización; a segunda de deseño do Plan Estratéxico de Internacionalización e a terceira de desenvolvemento e posta en marcha de dicho plan.

Para calquera dúbida poden poñerse en contacto co Departamento de Comercio Exterior da Cámara de Lugo no número de teléfono: 982 284300, ou no correo electrónico: relais@camaralugo.com


» Convocatoria

» Ficha inscrición

Camerfirma - Certificado digitalCamerfirma
Camerfirma - Certificado digitalPrograma InnoCámaras
Plan Cameral de InternacionalizaciónPlan Cameral de Internacionalización
Noticias económicasNoticias económicas
» suscríbete
Cámara Oficial de Comercio, Industria y Navegación de Lugo
Ramón Ferreiro, 18
Teléfono 982284300 / Fax 982244301
camara@camaralugo.com
Edificio FORCAM
Cantigas e Frores, 31
Teléfono 982284370 / Fax 982284377
forcam@camaralugo.com
Página realizada por Desarrollos LugoNet